CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Lobos Sucios”, efectos de sala e “O Futebol”

31/03/2016 21:00 h

Nazis, minas galegas de volframio, historias e personaxes reais son os ingredientes de “Lobos Sucios” o último filme do director Simón Casal, en que participa a Televisión de Galicia. Casal vén hoxe ao “ZigZag Diario” para falar un pouco máis das claves desta nova obra do audiovisual galego. 
O programa de hoxe tamén explicará que son os efectos “foley” ou efectos de sala. No programa descubrirán, por exemplo, como e con que elementos se crea o son da chuvia. Todo isto da man dos galegos Miguel Barbosa e Diego Suárez Satub e cos traballos en películas como “Julieta”, o novo filme de Almodóvar, ou “Kiki, el amor se hace”, de Paco León. 
Por outra parte, “ZigZag Diario” entrevistará o director do documental “O Futebol”. O brasileiro Sergio Oksman falará co equipo do programa sobre este docufilme en que leva a cabo dúas liñas paralelas entre a realidade e a ficción, a partir do verdadeiro encontro entre o director e o seu pai.   
 

Atopar capítulo por: