CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Linda Guilala, Orquestra de Jazz de Galicia, Javi Álvarez e Rafa Anido e Kiko Veneno en “Fondos Reservados”

15/06/2016 21:00 h

O convidado no estudio de gravación será Iván Juniper, do grupo Linda Guilala, que acaba de publicar “Psiconáutica”, o seu primeiro álbum en sete anos, un traballo que presentarán este venres na Fábrica de Chocolate de Vigo.
O espazo da tvG2 tamén falará con Pedro Lamas, da Orquestra de Jazz de Galicia, que este sábado ofrecerá na Cidade da Cultura unha actuación única para celebrar o Día Internacional da Música.
Ademais, “ZigZag Diario” estreará o novo vídeo musical de Javi Álvarez e Rafa Anido e, en “Fondos Reservados”, Moncho Lemos virá na compaña do disco dvd en directo dun clásico: Kiko Veneno, que inclúe neste disco dobre o espectáculo “+ Solo que la una” e a súa xira coa orquestra Cordes del Món.  

Atopar capítulo por: