CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 98: Transplante de órganos

29/04/2007 22:00 h

O trasplante de ril de Freire ten moi sorprendidos ós veciños de Santalla, non acaban de crer que poda ser certo. Don Román espera que sexa un fracaso e Deli pídelle a Freire que acepte o ril do seu fillo.

Sara descubre, polo médico, que Deli está embarazada. Marcos non aparece e Laura acaba discutindo con Román polo comportamento do seu fillo. O pai excúsao, pero cando aparece recrimínalle súa actitud, ademais alguén chámao insistentemente. Román acaba descubrindo que seu fillo debe moitos cartos en A Coruña. A Marcos non lle saen ben as cousas e recibe unha malleira.

María rifara co seu avó cando a sorprendera con Marcos nas cortes, ademais escoitara comentarios acerca das visitas de Marcos aos bordeis e xa non sabe a que aterse.

Os comentarios sobre o trasplante de Freire, afectan de tal xeito a Elías que tralo encargo de don Venancio de arranxar un despertador, imaxina que é un cirurxán e o reloxo o paciente.

Atopar capítulo por: