Libro de familia
Capítulo 97: O home do saco
Don Cosme sente que o teñen á marxe. Cóntalle o conto do saco a Pabliño e éste dubida da credibilidade do vello. Carmiña toma cartas no asunto e argalla unha falcatruada coa complicidade de Elías, pero aínda é peor, Pabliño perde totalmente a confianza no seu avó e éste acaba moi deprimido.
Carmiña pídelle ó neno que a acompañe as cortes porque ten medo, e a piques estiveron de descubrir a Álvaro.
Por fín chega Tomás, o fillo de Freire quen dubida da posibilidade de doarlle o ril a seu pai. A todos sorprende a frialdade de Tomás respecto á enfermidade do seu pai. Pero cando escoita os berros de dor, decide facerse as probas.
Ante o malestar de Deli, Sara sospeita que está embarazada. A María séguelle rondando a idea de manter relacións íntimas con Marcos. Este fanfarronea do tema ante Milucho e segue obsesionado co xogo.
Álvaro recibe un balazo fortuito de don Román que está de caza con Senén. A pesar da ferida consegue deixarlle a Marcos a citación para xogar no casino da Coruña.