Libro de familia
Capítulo 96: Os hippies
En Santalla, son moi diferentes as opinións sobre os turistas. Don Venancio ve o peor neles, pero outros veciños pensan que serían moi positivos para a economía da vila.
Elías, atópase cunha parella de hippies que está a percorrer a zona cunha furgoneta e invítaos a instalarse nas súas terras coa perspectiva de facer negocio con eles. Convence a Carmiña para que faga encaixes e venderllos. Carmiña descubre a marihuana, pensa que é o nome dunha xove, Marijuana; sen se decatar envía a Senén máis a Elvira a unha "viaxe" inesperada.
Marcos cada vez está máis obsesionado co xogo e co xeito de convencer a María para ir máis aló nas súas íntimas relacións. Román, négase a levalo a Coruña, pero dalle pautas para conseguir o que ansía de María.
Marcos chega a roubar cartos da recadación municipal, para ir xogar á capital. Lupe vai aproveitar a debilidade do mozo, para levar a cabo a súa vinganza contra Román.
O médico abre unha pequena vía de esperanza para Freire: o trasplante. Sen embargo, o indián non acepta por non comprometer a seus fillos, que valerían como donantes. Manuel non está disposto a deixar morrer a seu mellor amigo, e toma cartas no asunto.
Deli comproba que ten unha falta na mentruación, pero achácao á tensión pola enfermidade de Freire.