Libro de familia
Capítulo 95: A Vespa
Lupe acaba entre reixas. Tralo ataque de Álvaro a María, éste ponse ás ordes de Lupe, e sérvelle de contacto co seu cómplice de A Coruña. Ademais, a muller utilizará ó criado para vingarse do mellor xeito posible de Román.
Álvaro non se pode acercar a Santalla, teme tanto os Lamela coma os Cabanas. Senén regálalle unha vespa a Milucho e éste invita a María a dar unha volta, mentres Marcos prefire quedar no bar xogando a partida. A vespa queda sen combustible e os dous xoves vense obligados a camiñar durante un longo percorrido. Mentres, os pais de María están preocupados e Marcos séntese celoso, aínda que cambiou unha timba coa que desplumar ós veciños antes que un paseo coa súa moza.
Despois do ataque de Álvaro a María, tanto Manuel coma Marcos temen que o criado fora máis alá. María déixalles moi claro que non pasara nada máis. Freire empeora día a día, Román aproveita a entrega dos cartos da indemnización para comprobar, cínicamente, con seus propios ollos como o indián se vai.
Freire, consciente do seu estado, deixa en herdanza a súa casa a Deli. Pablo e Rosamari rouban unhas reliquias tan só para divertirse. Elías é incapaz de refacelas e unha vez máis recorre a unha das súas artimañas.