CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 94: Xustos por pecadores

01/04/2007 22:00 h

Ten lugar o xuízo contra Lupe, acusada de prender lume ó almacén, propiedade de Freire e Manuel, ademais de tentar matar a Álvaro, criado de don Román. O xuízo transcorre con moita tensión, contradiccións, mentiras, calumnias, don Román e Lupe, acúsanse mutuamente e os respectivos avogados sacan as súas mellores estratexias para salvar a seus defendidos.

María é unha testemuña indispensable para demostrar a culpabilidade de Lupe e a "inocencia" de Román. Manuel vaina levar á vila á vez que visitará a Freire no hospital. O indián está moi grave, quédalle pouco tempo de vida e decide xunto con Deli, que o tempo que lle quede o pasarán xuntos en Santalla. Pide a alta voluntaria.

Álvaro, esperando futuros favores de Lupe, golpea a María para que non poida declarar. Abandóaa, inconsciente e amordazada. Manuel ó decatarse da desaparición da súa filla, búscaa desesperadamente axudado por Senén.

Elías, envexoso polos coidados que Deli dispensa a Freire, decide facerse o moribundo para que Carmiña o coide. Lonxe de conseguir o seu obxectivo, a rapaza recita tal restra de reproches que o taxista chega a perder realmente o coñecemento.

Atopar capítulo por: