Libro de familia
Capítulo 90: A propaganda
A María ocórreselle promocionar o almacén pola radio. Manuel, co beneplácito de Freire, acaba cedendo. Manuel pídelle a Milucho que prepare un slogan e Elías apúntase rápidamente ó negocio. Nun primeiro momento a cuña é moi longa e o prezo dispárase, logo é moi curta e a xente búrlase. Elías busca modelos para unha campaña paralela a favor do almacén. Fotografa a un montón de mulleres do pobo. Elvira apúntase e tenta subornalo con comida para que a escolla a ela. O taxista padece moitas presións de todas as veciñas.
Os eucaliptos non medran, o fertilizante non funciona. Don Román fai que Marcos investigue. Ante o fracaso pon a Álvaro a traballar. Éste sospeita do abono e ameaza ós Cabanas. Cosme recoñece ante Manuel que estivera facendo unha mestura de fertilizante fatal para as plantas.
Marcos arrastra resacas da súa nova vida de xogador e habitual de locais de alterne. Laura e María preocúpanse por él e só reciben malas contestacións.
Freire segue enfermo e un tanto enfurruñado coa dulce Deli. Laura propón organizar un baile na casa do indiano para reconcilialo coa moza e coa vida. Durante o baile, Freire desmáiase.