Libro de familia
Capítulo 89: A lei do maís forte
Manuel non quere que Marcos e María anden xuntos. Non se fía xa de Marcos. Os xoves acaban enfadándose polas liortas dos seus pais. Laura e Deli interveñen para paliala situación. Don Román aprovéitase para acercarse a Marcos e darlle máis responsabilidades; ao xove cégalle a soberbia e o orgullo. Pai e fillo planear ir á capital a un bordel.
Sara convence a María para que se acerque a seu pai. Manuel acaba cedendo e permítelle sair con Marcos.
Os eucaliptos arraigan no terreo e Cosme témese o peor. As plantas precisan fertilizante e Álvaro acode ó almacén a por él. Aténdelle Cosme e él mesmo fai a preparación para o abono.
O estado de Freire vai a peor. Non quere ir ó médico, segue alonxándose de Deli pese á máis que evidente preocupación da moza por él.
Sara merca uns pratos de duralex, coñecidos pola súa dureza. Carmiña pídelle que busque o xeito normal de escachalos e a él ocórreselle lanzalos desde o campanario, dándolle a don Venancio. Consegue seu propósito, pero despois terá que repoñelo e non se lle ocorre mellor solución que roubarllo a dona Elvira.