Libro de familia
Capítulo 88: As boas maneiras
Marcos está preocupado por María despois do accidentado plantón; seu pai quítalle importancia e alecciónao sobre a "arte" de tratar ás mulleres. María está decepcionada, chama a Marcos pero contéstalle don Román, quen lle fai entender que seu fillo non quere falar con ela.
Laura chega ó pobo, tentará poñer orde no mundo que a rodea. Organiza unha cea na súa casa para os Cabanas, pero un malentendido de Elías fai espallar a nova de que dona Laura invita a toda a vila a cear na súa casa. Deste xeito, moitos veciños esfórzanse en mellorar seus modais.
Manuel e Cosme, un tanto descolocados pola invitación finalmente deciden aceptar. Cosme investiga as terras de don Román e descubre horrorizado, que está a plantar eucaliptos. Cóntallo a Manuel e aínda así acoden á cea. Alí mesmo, coas dúas familias diante e os dous namorados, Manuel, monta en cólera e ameaza con arrincar os eucaliptos un a un. Lévase a súa familia e Román disfruta.
Freire pensa que Deli non esquecera a Telmo, pero a xove ten remorsos pola súa actitude cara o indián.