Libro de familia
Capítulo 87: Os tiques da vellez
Cosme vai ir a Maceiras a cobrala pensión. Explícalle a Pabliño en que consiste e a partir das preguntas do neno, as mulleres da vila empezan a mobilizarse para cobrar tamén. Sara pide consello a súa familia, Manuel e María apóiana. Elvira, envexosa, obsesiónase con que ela tamén ten dereito, pero o ten dificil porque ela non é labrega.
Pensa en montar unha granxa e non contenta con iso, pensa en finxir unha lesión para conseguir unha baixa laboral. Marcos xa está a traballar no concello con seu pai, en prexuízo de Senén que vese apartado das súas funcións. O xove está metido de cheo no negocio dos
eucaliptos.
Don Román consegue que seu fillo asine documentos sen lelos e énchelle a cabeza de paxaros falándolle dos encantos das prostitutas de A Coruña. Marcos e María pretenden formalizar a súa relación, quedan na casa dos Cabanas, pero unha vez máis a escura mand de don Román impedirá que os xoves logren seus fíns. Fai que Marcos teña que sair por motivos de negocios e Álvaro, sabotea o coche do xove.
Manuel e Freire están máis ca satisfeitos pola boa marcha do seu negocio, sen embargo o indián sente que seu organismo comeza a fallarlle e que Deli segue presente na súa cabeza día a día. Deli recibe cartas do convento que non quere contestar.