Libro de familia
Capítulo 86: Falsas esperanzas
Mentres todos agradecen a Marcos a súa intercesión no asunto da leña, don Román, intriga con Lupe. Él quere vinganza e non ten paciencia, mentres que Lupe recoméndalle facer algo moi pensado e a longo prazo. Utilizarán a Marcos para seus planes vinculados á prantación de eucaliptos, farano seu socio e así o implicarán fondamente.
Os foguetes das festas do pobo veciño, fanlle lembrar a don Venancio o bó que era o pai de Elías como pirotécnico. Suxírelle que se poña mans á obra para dignificar as festas de Santalla. Todos o animan a que recupere a tradición do seu pai, coa axuda de Rosamari e Carmiña conseguirá uns foguetes que él só nunca houbera sido capaz de conseguir.
Marcos e María están moi ilusionados coa nova actitude de don Román respecto a súa relación, pero un xiro inesperado deste, failles volver a dubidar. Don Román está a xogar con eles e pretende enfrontalos. Acaban tendo unha discusión, pero don Román invita a María á súa casa, demostrando uns modais exquisitos coa xove Cabanas.