CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 85: Manteña limpa Santalla

28/01/2007 22:00 h

Milucho e don Venancio chegan á conclusión de que están máis ca fartos de ver a vila chea de lixo. O xove barman fala co seu tío Senén, para que desde o Concello fagan algo, de feito acaba apostando que en dous días terá o pobo limpo.

Elías, tras comentar a Milucho que co pobo limpo atraerán turistas nórdicas coma as das revistas, apúntase á febre da limpeza. Pero súbeselle tanto que comeza a multar a todos os que non cumpran as súas directrices. Elías multa a Deli, quen coa axuda de Freire vingarase do taxista.

Manuel vendera seus montes precipitadamente e non vai ter oportunidade de recoller a leña para o inverno. O seu pai insístille que lle reclame a madeira a don Román pero seu orgullo impídello. Don Román ve a oportunidade de enfrontar a Manuel cos labregos e ofrécelle a leña gratis, pero Manuel rexéitaa.

Marcos e María vense pouco. Ela está preocupada pola súa relación, mentres él cada vez implícase máis nos negocios do seu pai. O xogo de Román non ten límites, despois de xogar con María coma cun pelele, decide darlle a benvida á súa casa para gañar a seu fillo e utilizalo como lle conveña.

Atopar capítulo por: