CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 84: Arrebatos místicos

21/01/2007 22:00 h

Deli está a levar a cabo un rigoroso xaxún, está moi débil e súa irmá Sara está moi preocupada, suplícalle a don Venancio que a vixíe e lévalle comida á igrexa. Deli non a proba, pero sí o taxista que da boa conta dela mentres arranxa o confesionario.

Elvira, está rabiosa de envexa e non dubida en acusar a Deli de romper o xaxún, pois ela víu as migallas do festín. A xove desmáiase e delira. O sacerdote e a beata cren que están ante unha manifestación mística. Don Venancio apresúrase en avisar ó arzobispado do acontecemento, mentres a familia de Deli xunto con Freire coidan dela.

A don Venancio preocúpalle que xa non ten santa, mentres Elvira coa axuda de Elías pretende levitar ante o representante do arzobispado. O taxista idea un aparello hidráulico para simular a levitación que por suposto falla ante o enviado da Igrexa.

A recuperación de Deli vai progresando e unha vez máis encubre a María e Marcos das sospeitas de Sara.

A parcelaria segue seu curso, Cosme mantense vixiante. Senén prepara toda a documentación das propiedades de don Román, mentres Lupe está a pechar o trato coa celulosa. Pretenden utilizar a Marcos, quen está convencido dos beneficios da parcelaria para os veciños, sen sospeitar dos auténticos planes do seu pai respecto a él, María e os veciños.

Atopar capítulo por: