Libro de familia
Capítulo 83: A parcelaria
A parcelaria chega a Santalla da escura man de don Román. Os labregos andan nerviosos e reúnense para poñerse de acordo. Marcos, inocentemente, convence a Manuel para que lle venda as terras a seu pai, xa que coa parcelaria acabarán igualmente nas súas mans.
As artimañas do alcalde dan resultado e os veciños dispóñense a vender. Manuel, aflixido segue a loita en solitario. Marcos, convénceo argumentando que coa parcelaria as terras da cooperativa serán divididas e concentradas nas propiedades de don Román.
Freire eloxia o traballo de Deli como sacristá, segue tentando convencela para que quede no pobo e esqueza a vida relixiosa. A couza fai estragos nos reclinatorios e no confesonario. Don Venancio pídelle a Elías que o arranxe e ante o alto prezo Freire proponlle ó crego un trato:
mercaralle un novo a cambio de que convenza a Deli para que abandone a idea de
marchar ó convento.
Coa finalidade de non levantar sospeitas, María e Marcos utilizan a Milucho para que faga de carabina e manter así a raia a Sara e Álvaro.