CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 74: Feitizos de amor

29/10/2006 22:00 h

A actitude agarimosa de Lupe non convence a Freire. A coruñesa tenta convencer ó indiano para visitar a cidade herculina e presentarlle a súa familia. Freire non se sente con ánimos pero ela non desiste e convencida por Carmiña tenta facerlle un meigallo.

Como a meiga recomendada morrera, Elías e Carmiña préstanse a facerllo eles pensando en gañar uns cartos. Xorde un malentendido e non queda moi claro se Lupe quere seducir a Manuel. As cousas vánselles das mans ós dous argalleiros, e o feitizo amoroso terá un efecto inesperado.

Don Román móstrase moi arrepentido ante Laura e o seu fillo, dí ter destruído o documento falso da acta de defunción que inculpaba a nai e fillo. Acode á estación a buscar a Marcos e móstrase moi amable con Manuel e a filla deste. Román regálalle un coche a Marcos e cambia o testamento.

María é a única que aínda non sabe o de Laura, polo que cando a ve na escola leva unha grande impresión e se desmaia. Pero cando dona Laura lle conta a verdade, María queda moi decepcionada con Marcos e dille que non quere velo nunca máis.

Deli está a piques de profesar e súa abnegación é tal que a súa saúde comeza a resentirse.

Atopar capítulo por: