CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 73: Taquigrafía e mecanografía

22/10/2006 22:00 h

Laura confésalle a súa identidade a don Venancio, buscando no crego consolo e apoio. Mentres, don Román segue instigando a Álvaro para que se propase con ela, coa dobre intención de rirse del e humillala a ela. No canto, Álvaro confesa a Laura, que os tormentos ós que foi sometida foron organizados por don Román. Laura aproveita a inxenuidade do criado para gravar unha confesión de don Román que deposita nun notario.

Os Cabanas tentan que Deli saia do convento, para o que inventan unha suposta enfermidade da súa nai. Conseguen que Freire lle leve uns documentos ó mosteiro para así ademais afastar ó indiano de Lupe.

Lupe argalla unha serie de manobras que dan a entender que por quen se interesa é por Manuel, o que desata os celos de Sara.

Carmiña, fascinada pola labor administrativa de Lupe, ten un arrebato de sentirse secretaria, dando lugar a uns hilarantes momentos entre Elvira, Senén e ela, debidos a un peche involuntario na alcaldía perseguindo o preciado instrumento de traballo como secretaria: a máquina de escribir.

Atopar capítulo por: