Libro de familia
Capítulo 72: Sor Carmiña de Santalla
Carmiña visita a Deli no convento e padece unha especie de revelación, atraéndolle de súpeto a vida no mosteiro. A Madre Superiora quere darlle un escarmento e Carmiña chega a pensar que nunca máis vai poder sair dalí.
Freire ofrécelle traballo a Lupe no almacén, ao que Manuel móstrase reticente.
Os coqueteos entre o indiano e Lupe non agradan a Manuel, que non se fía da coruñesa.
Marcos faise pasar por enfermo para reter a María en Santiago, non lle revelara a verdade sobre a súa nai e teme que se atope con ela en Santalla.
Os veciños moumean sobre Laura-Marie, ésta séntese cada vez máis incómoda. Román a humilla en público, pero ela amparándose na súa mascarada, contéstalle diante de todos os veciños. O alcalde ordena a Álvaro que se propase con ela, pero o criado estase namorando de Marie.
Laura non pode máis e acode a don Venancio para confesarlle cal é a súa verdadeira situación.