CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 70: A forasteira

01/10/2006 22:00 h

Sara envíalle unha carta a Deli na que lle conta cómo van as cousas por Santalla. A botan moito de menos. Mándalle por Elías un paquete con productos do pobo. Freire, tamén lle envía polo taxista unhas cartas, espertando os celos de Lupe, quen lle pon nun paquete unha nota facéndolle crer que Freire está mal, polo que é mellor que non complique as cousas.

Elías é descuberto pola Madre Superiora cando tenta pasarlle todo a Deli. Decide disfrazarse de xardinero para entrar no convento.

Laura chega a Santalla nun mini e cun aspecto moi diferente, deixando ós veciños moi desconcertados.

Carmiña cre que o espírito de dona Laura regresou para vingarse do alcalde, sen embargo a vinganza corre a cargo de don Román que ameaza con non deixarlle ver a seu fillo.

Laura improvisa e faise pasar por Marie, unha curmá francesa súa. Román aproveita para presentala na igrexa quedando todos estupefactos.

En Santiago fálase do maio francés, A Sorbona... mentres continúan os problemas de conciencia de Marcos, cada vez máis namorado, por mentirlle a María sobre o acontecido a Laura.

Atopar capítulo por: