Libro de familia
Capítulo 67: Adeus ríos, adeus fontes
Chega unha carta de Segundo que lle ofrece a Marisiña un traballo nunha casa de comidas en Bilbao. Marisiña non sabe ler e os Cabanas non están moi seguros da conveniencia de lerllela.
Sara engaña a Segundo afirmándolle que Marisiña non quere marchar de Santalla, así como tenta presionar a Elías para que case coa moza. Pero o taxista non se sente preparado para casar, só para ser noivo, pretende ser un solteiro de ouro. Marisiña séntese moi decepcionada e revélalle a Cosme que de non ser pola relación de Elías, marcharía de Santalla.
Nesto chega á vila unha xove, Carmiña, á que Elías piropea sen imaxinar que se trata da prima de Marisiña, da que se vai despedir pois marcha a Bilbao a ocupar a praza que ela "rexeitara". Carmiña arranxa as cousas para que sexa Marisiña quen marche, causando un gran disgusto a Elías que non tarda en coquetear con Carmiña.
Todos na vila están sorprendidos polo comportamento de Marcos co seu pai, a quen nomeara usufructuario de todos os seus bens, sen sospeitar que en realidade está ameazado polo seu proxenitor. Lois está organizando en Santiago un festival de música galega. Alí tamén están preocupados pola prolongada ausencia de Marcos.
A relación entre Freire e Lupe vaise afianzando, a pesar dos momentos nos que a él asáltanlle lembranzas do pasado, pero que ela sabe como mitigar.