CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 66: O San Xoan

11/06/2006 22:00 h

Noite de San Xoán, noite máxica, en Santalla anhelan a chegada da noite para levar a cabo sortilexios, rituais, preparar pócemas de amor e todo presidido polo fogo purificador.

Cosme inicia a Pabliño nos misterios da noite de San Xoán. O neno colle tal medo que ve a Marisiña coma unha meiga, a moza pensa que o rapaz está endemoniado e hai que desenmeigalo.

Manuel e Freire están contentos coa preparación da fogueira, queren ver reunidos ós veciños ó redor da cacharela, comendo, bebendo e cantando como nos tempos de don Amaro. Pero Román non quere escoitar falar dunha festa que non estea organizada por él, polo que emite un edicto no que prohíbe celebrar a cacharela na praza do pobo, esperando que á xente non lle quede máis remedio que acodir á que organiza él.

Marisiña e Elías rifan e rompen a relación, ela está interesada en facer un conxuro para saber con quen vai casar, él tenta sabotalo.

Elvira anímase coa suxerencia de Milucho de sela madriña dos rituais de fertilidade e convence a Lupe para darse un baño con herbas o día seguinte.

Unha serie de malentendidos, provocan unha serie de enredos nos que todos vense implicados.

Atopar capítulo por: