Libro de familia
Capítulo 65: Santa Misión
Elvira está a recadar cartos pola vila para a Santa Misión ademais de continuar coa súa cruzada e cizaña contra Deli, quen regresa a Santalla.
Como Pablo non estudia, Cosme o ameaza coa chegada de mouros sanguinarios, sobre os que abondan lendas na vila. Marisiña tamén queda moi preocupada e aterrorizada cóntallo a Elías.
Sara conseguíralle traballo de costureira a Deli para que volva a tela cabeza no seu sitio e pídelle que se arranxe máis. Deli crúzase no camiño con Moisés, o misioneiro africano que chega á vila; cando o misioneiro entra na tenda, Marisiña pensa que é o mouro rebandapescozos.
Cando Elvira atópase co misioneiro, recoméndalle que vaia á casa dos Cabanas a evanxelizar e civilizar a esa familia de pecadores. Moisés acode a chantar con eles e atopa unha familia unida polo amor, a dignidade, o traballo, a honestidade e o sacrificio.
Marcos sae da prisión, don Román descubre que Laura pagara a fianza. Marcos xunto co Lois e María, argallan un plan para desenmascarar ó perito que finalmente se rinde e actúa a favor dos labregos. Don Román non pode soportar esta situación e revela a Marcos que sabe que súa nai segue viva, agora o ten nas súas mans.
O Rectorado e o Goberno Civil ceden ás peticións estudiantís. Lois quere celebralo pero María, moi sensata e responsable, ponse a estudiar.
O misioneiro na homilía, anuncia que Deli vai ingresar no convento.