CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 64: O frautista de Santalla

28/05/2006 22:00 h

Sara está moi preocupada pola marcha de María, Manuel aínda que tamén, só mostra enfado e indignación. Freire tenta calmalo e advírtelle da posibilidade de perder a unha filla por tensar demasiado a corda.

As forzas de seguridade actúan de novo na Facultade, pero esta vez cargan contra Marcos que acaba no cárcere. Don Román celébrao e non só non utiliza súas influencias para liberalo senón que pide lle dean un bo escarmento a seu propio fillo.

Antes de ser encerrado, Marcos lle ensinara a Lois a tarxeta do perito que atopara na súa casa.

Os nenos na escola abúrrense e Lupe decide para estimulalos que os vai introducir no mundo da música da man de Cosme e a súa armónica. Os rapaces están encantados, pero Pabliño comeza a mostrarse celoso pensando que seu avó quere máis ós outros nenos.

A nova actividade de Cosme esperta os celos de Elías, que tamén se cre capaz de tocar un instrumento: a gaita, pero case perde a vida dándolle aire ó fol.

Don Román descubre unha carta enviada por Laura a seu fillo, o alcalde envíalle outra a Laura na que lle dí que Marcos está preso acusado de comunista e non o pensa axudar.

Atopar capítulo por: