CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 63: Dereitos de autor

21/05/2006 22:00 h

Maria levara unha boa malleira dos grises e Manuel decide ir buscala para levala de volta a Santalla aínda que sexa pola forza.

María recupérase das feridas e busca consolo na súa tía Deli. Manuel sorprende a súa filla no piso de Lois, nunha actitude que da lugar a equívocos. Lois e Manuel discuten, Manuel non atende a razóns e leva de regreso a casa a súa filla.

En Santalla a xove ten que soportar os reproches e as rifas da súa familia, ela argumenta que é igual ca seu pai, un loitador infatigable polas causas xustas.

Celébrase un concurso de redacción organizado por Coca Cola, o premio esperta a codicia dos nenos. Elías e Marisiña préstanse a colaborar con Rosamari e Pabliño respectivamente, a cambio de que si gañan serán os adultos os que elixan o premio.

Don Venancio mercara un cassette para darlle un aire máis moderno á igrexa, pero rómpelle unha tecla e comprométese a arranxalo para a celebración dun funeral.

Don Román entérase de que seu fillo, por suxerencia de Freire, non cobrará inmediatamente as rendas ós labregos para que éstes poidan pagar ó perito.

María decide marchar da casa para Santiago provocando o enfado do seu pai, que se desentende dela.

Atopar capítulo por: