CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 62: O boticario imaxinario

14/05/2006 22:00 h

Santalla queda sen boticario e Elías decide facerse repartidor de medicamentos, utiliza o taxi para ir mercalos a Maceiras, pero os veciños non se senten moi cómodos aireando súas dolencias ante todo o pobo nin están dacordo coas comisións do taxista.

Ante as protestas dos veciños e enterado don Román da debilidade capilar do seu inimigo declarado, decide poñer de mancebo na botica a Elías, coa intención de deixar a Freire coma unha bola de billar.

A relación de Lupen e Freire, vai facéndose cada vez máis intensa e tenra. Freire vólvese máis coqueto.

Manuel segue desconfiando do perito e espera con ansiedade os informes de Marcos o de María. Os dous xoves, coa axuda de Lois, poñen en marcha un plan para desenmascar ó perito. Pero Sotomaior avisado por don Román, deixa en ridículo a Lois e os mozos cren na honestidade do perito. Os cooperativistas pensan en pagarlle.

As protestas estudiantís dan seu froito, sen embargo aínda quedan cousas por facer e os estudiantes planean o ataque a un tren; María é ferida pola carga dos grises.

Atopar capítulo por: