CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 61: O Domund

07/05/2006 22:00 h

Don Venancio está organizando o Domund cos rapaces. Pabliño e Rosamari pelexan polo peto que representa un indio, o párroco dilles que o que máis recade quedará con ela.

Cosme discute con don Venancio por causa do destino dos cartos recadados, sobre os ricos e os pobres, e a honestidade e a hipocresía. O avó rompe sen querer o peto, pero acaba dándolle os cartos para que él sexa o gañador. Cando don Venancio vaille entregar a ansiado peto, rompe e Pabliño terá que conformarse coa representa o oriental.

Manuel xunto con outro labrego, atopan o mango que ferira a Cosme, e o resto do sacho na casa de Elías, descubríndose que fora Álvaro por orde de don Román quen atizara a don Cosme. Cando Manuel tenta facerlle firmala renuncia ó rego, don Román unha vez máis sae coa súa e ameaza a Manuel con denuncialo de agresión a Álvaro.

Deli e María afianzan súa relación en Santiago. Deli, pon a disposición da súa sobriña, seus aforros, o que fai cambiar de opinión a Lois sobre a tía de María.

Lupe e Freire séntense moi cómodos cando están xuntos, con inquedanzas comúns, e manteñen conversas que a eles lles parecen moi interesantes.

Atopar capítulo por: