Libro de familia
Capítulo 58: A minisaia
Todos están fascinados vendo unha revista con rapazas en minisaia. Marisiña preséntase no bar enfundada nunha e os presentes dedícanlle silbidos e piropos, menos Elvira que trata de indecente á rapaza.
Elvira, acode ó alcalde para que prohiba a minisaia e éste pásalle o asunto a Senén. Éste, presionado pola súa esposa, accede a publicalo e trata de convencer a Marisiña, cando irrompe Elvira coa Garda Civil. Senén rompe o edicto e acaba co problema.
Os cooperativistas, liderados por Manuel, buscan unha solución ó problema do regadío, mentres Román argalla falsas manobras para controlalo rego.
Cosme máis Elías, dubidan da virilidade de Pabliño porque o neno afánase nas tarefas domésticas "propias de mulleres". Tentan reconducilo comportamento do rapaz, propoñéndolle operacións propias de homes. Consúltanlle a don Venancio quen lles aconsella duchas frías.
Deli lee a Santa Teresa e animada por Elvira e don Venancio pensa en ingresar nun convento.
En Santiago as revoltas estudiantís van cobrando forza. Marcos confésalle a Lois, que súa nai segue viva. Lois préstase a axudalo na consecución dun certificado de defunción falso para o xove Lamela cobre a herdanza.