CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 57: Xuízo Final

09/04/2006 22:00 h

Todo o mundo está desolado pola morte de dona Laura, excepto Román que queda moi aliviado.

Marcos reúnese coa súa nai en Santiago, quen presenta un aspecto moi cambiado e lle comunica que marcha con Telmo a París. Deli queda desolada ó recibir unha carta do farmacéutico na que lle explica a súa marcha. Lupe tenta animala.

O problema do rego segue patente en Santalla. Manuel e os labregos, seguen discutindo acerca da propiedade das terras co alcalde, que tenta manipulalas leis ó seu favor. Manuel discute co seu pai, pola súa actitude conformista, Cosme confésalle que fai tempo, pedíralle un favor a don Amaro a cambio de renunciar ó regato.

Marcos séntese dono do patrimonio familiar e bota a seu pai de casa, pero Román decátase de que sen certificado de defunción, Laura segue viva. Freire non se fía de Lupe, a quen ten na súa casa, só cando Román a insulta en público e ésta o losquea, Freire permite que se quede.

En Santiago continúan as asembleas estudiantís nas que participa María, cada vez máis entusiasmada; as novas do ambente revolucionario chegan a Santalla preocupando ós Cabanas.

Atopar capítulo por: