Libro de familia
Capítulo 56: La, la, la
Román ten varias preocupacións: o estado de Cosme, pois teme que poida descubrir a Álvaro; Laura foi dada de alta, e Lupe está hospedada na casa do seu peor inimigo.
Román pensa que A Pena das Lagoas, lugar onde brota a auga é da súa propiedade, Senén infórmalle que parte desas terras vendíullas a él e outra parte regalóullas a Lupe. Román empéñase en recuperalas.
Cosme esperta sen lembrar o acontecido e declara a seu fillo, que as fontes do regadío son de propiedade veciñal.
O ambente na Universidade de Santiago vaise caldeando cada vez máis, os grises irrompen nunha asemblea e deteñen a Lois.
Marcos convence a súa nai para que quede en Santiago, él xunto con Lupe denunciarán a seu pai de adulterio. Román ensínalle a seu fillo unhas cartas, facéndolle dubidar da honestidade da súa nai.
Celébrase o festival de Eurovisión, Massiel representa a España co La, La, La, Marisiña e Elvira discuten sobre quen vai selo gañador ou gañadora. Todos van ter problemas para velo Festival na televisión.
Senén le no xornal a esquela de dona Laura...