CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 30: A letra con sangue entra

02/10/2005 22:00 h

Chega a Santalla, don Ricardo, o mestre substituto de dona Laura, e causa un gran malestar polos seus métodos de aprendizaxe antipedagóxicos, aplica castigos físicos.

Dona Laura, está cada vez máis enferma, Lupe e Elvira, rivalizan por coidala, aínda que cada unha o fai polo seu proveito, a primeira para estar preto de Román, e a outra para que non lle quiten protagonismo.

Telmo está moi preocupado por Laura ata tal punto que lle pide a Marcos que a leve ó hospital, para facerlle algunhas probas, que resultan dar como diagnóstico: tuberculose. Cando Telmo coñece o problema, comeza a estudar unha posible relación entre a enfermidade de Laura e o aborto da vaca de Manuel, que fora empreñada polo boi de don Román. Posteriormente, decide facerlle probas ás vacas dos labregos, que están moi inquedos por se as teñen que sacrificar.

Atopar capítulo por: