Libro de familia
Capítulo 290: Misa cantada
A TVG vai pechar a tempada de “Libro de Familia” cun capítulo en que ofrecerá sorpresas ao grande, incógnitas e asuntos que quedan pendentes de resolver. O párroco de Santalla, don Venancio, anda afogado por mor das últimas vontades dun fregués que quere un cabodano con todo luxo de detalles, así que non lle queda outra que pedir axuda e colaboración a todos os veciños para montar un dispositivo especial se non quere quedar mal, onde Cosme se vai encargar da música da misa, as mulleres ocúpanse do coro, e así sucesivamente, pero os ensaios non marchan ao ritmo que el quixera.
Doutro lado, Manuel sofre pesadelos pola preocupación que lle causou a escena de Álvaro e Daniel, algo que lle dá mala espiña, así que vai xunto Tomás para contarlle as súas impresións, pero este non lle fai moito caso porque cre que é unha desconfianza esaxerada de Manuel. Noutras escenas, Pili segue intentando amolar o seu colega Óscar para deixalo quedar mal fronte á directora da escola, Laura, que segue resentida con el pola súa peculiar relación coa súa nora, María; así, nunha das súas, Pili vai contarlle a D.ª Laura que Óscar acepta regalos de pais dos alumnos.