CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 288: Bailes de salón

29/04/2012 22:30 h

Desde que Ramón Balseiro se lle aparecera en corpo e alma a Lupe, esta está ao bordo dun ataque de nervios sen dar crédito á súa nova situación, que xa non é viúva, e pídelle a Daniel unha explicación por esta farsa así como polos seus investimentos na granxa, agora que as circunstancias cambiaron…

Namentres, na escola, Pili acepta a invitación para comer na casa de dona Laura -directora en ausencia de María-  visita que aproveita para volver comentar a presunta relación entre María e Óscar na súa ausencia. Pero o que de verdade vai volver tolos os habitantes  de Santalla é o concurso de baile que organiza Milucho no bar e que vai facer que todos se poñan a practicar, aínda que sexa na intimidade, e que busquen unha parella de baile, tanto, que se producen cambios de parella insólitos, lesións nos adestramentos e toda a leria remata cuns gañadores sorprendentes. Amais, Sara está moi recuperada do incidente na granxa e pretende volver ao traballo, pero Manuel oponse totalmente, o que a fai enfadar moito.

Atopar capítulo por: