CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 287: Catro faltas

22/04/2012 22:30 h

Na vila de Santalla seguen a recaer as sospeitas sobre a posibilidade de que Ramón Balseiro estea realmente vivo, e o último indicio é a pluma de seu pai que atopa Óscar, aínda que Lupe, ignorante da verdade, vai disuadilo con evasivas e escusas informando rapidamente a Daniel do suceso. Outro tema candente que ten pendente Óscar é a súa relación con María, que vai quedar ao descuberto por mor de Pili ao aproveitar esta a primeira oportunidade de quedar a soas con dona Laura para contarlle o que aconteceu entre eles dous, información que intentará utilizar para forzar o seu traslado.

Na granxa de porcos, Deli segue a axudar nos labores namentres Sara e Carmiña non curen das súas feridas, pero esta, lonxe de descansar, non para de andar detrás de Deli entrando nunha competición absurda por ver quen leva mellor a casa. Amais, comezaron as obras de ampliación da granxa, grazas aos investimentos dos novos e descoñecidos socios, así que Tomás lle pide a Daniel que concerte unha cita para coñecelos; cando de súpeto aparece Álvaro coa intención de desvelar o que está a pasar con Ramón, ninguén o cre e tomarano por tolo.

Atopar capítulo por: