CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 286: Son mansiños

15/04/2012 22:30 h

Na vila de Santalla ninguén está exento de sobresaltos, sobre todo Álvaro, que recibe, como se dun pesadelo se tratase, a visita do que se daba por morto Ramón Balseiro, sorprendéndoo en plena noite mentres o ameaza cunha pistola. Aínda trastornado polo encontro, o capataz vaille deixar claro a Lupe que está ao tanto de todas as súas intrigas con Daniel, o xerente da granxa, pero Lupe parece non estar ao tanto da falsa morte de Ramón, ata que atopa unha notiña na casa. Namentres, Sara Cabanas permanece na cama despois de ser atacada polos porcos na granxa e todos están pendentes de coidala; pero quen parece máis afectada é Carmiña, que viu o ataque e sofre un “shock” postraumático que non a deixa nin vivir. Doutro lado, dona Laura regresa de Suíza con boas novas sobre a operación de Marcos e cun billete para que María viaxe inmediatamente para visitar a seu home durante a súa convalecencia, con tanta présa que María nin tempo ten de despedirse de Óscar, quen queda moi consternado pola súa marcha.  

Atopar capítulo por: