Libro de familia
Capítulo 285: A pita cega
A relación a tres bandas, entre María, a súa amiga e profesora, Pili, e Óscar, podería converter a vila de Santalla en case unha telenovela de relacións ao límite do permitido, agás que neste triángulo hai dous solteiros. Namentres Pili e Óscar seguen “xogando” cunha posible amizade especial, o certo é que as cousas van cambiar moito cando Pili atopa entre as páxinas dun libro unha nota agarimosa con varias mensaxes entre Óscar e María, que revelan algo máis ca unha sinxela amizade. Esta tensión vaise ver interrompida cando María recibe unha chamada de Suíza con noticias de seu home. Outra relación que non se dá desatascado é a Deli co seu cuñado, Manuel, a quen vai confesar as verdadeiras razóns polas que non vai traballar á granxa.
Respecto á granxa, crendo ter controladas as posibles investigacións iniciadas polos granxeiros, Daniel proponlles a Manuel Cabanas, Tomás e Freire buscarlles investidores novos para aumentar o negocio. Namentres, Álvaro segue asexando a Daniel e ameazándoo con todos os datos que sabe del.
Despois de sufrir, á súa maneira, traballando na granxa de Santalla, Elvira quería custe o que custe cobrar o seguro de emprego, e en verdade que o consegue, xa que quedou momentaneamente cega e agora precisa dos coidados de todo o mundo.