CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 284: Eu tamén quero

01/04/2012 22:30 h

A granxa de Santalla está a ser, día a día, un espazo de canalización, non só de traballo, senón tamén de tensión e de emoción, pois Deli decide agora frear a situación creada con Manuel Cabanas non indo a traballar con el. Namentres se produce esta “baixa” pasaxeira de Deli, recorren a Elvira para acometer as faenas pendentes, a quen parece gustarlle a vida na granxa, pero claro, a custa de que a aseguren no emprego, algo que pilla de imprevisto a todos.

    Pero a xestión da granxa convértese no maior motivo de preocupación para Manuel, Freire e Tomás, que porán en marcha unha investigación para esclarecer o ocorrido cos porcos no matadoiro. Asustado, Daniel, o xerente, indaga quen lles estará pasando os informes, e cando descobre que se trata de Álvaro, vai intentar facer un pacto de silencio con el. Noutras escenas, Óscar pídelle permiso a Lupe para levar a comer a casa a Pili, algo que vai deixar a María de pedra, igual que vai quedar Óscar, no transcurso da comida.   

Atopar capítulo por: