CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 283: La donna é móbile

25/03/2012 22:30 h

Despois dunha etapa de certa confianza entre os traballadores e o xerente Daniel, as sospeitas e o temor vólvense apoderar dos granxeiros de Santalla, que non ven nada claro o informe emitido polo matadoiro; como nin Tomás nin Freire son capaces de saber que está pasando, recorren a Álvaro para que os axude a investigar, que termina descubrindo, por un empregado, que o contido do informe é falso. Doutro lado, o feito de que Sara non poida ir traballar á granxa por estar enferma dá lugar a que Deli apareza con maior frecuencia para axudar nas faenas, producíndose deste xeito un novo achegamento entre ela e Manuel Cabanas que non parece gustar nada ás familias.

Amais destes problemas, en Santalla tamén ocorren certos feitos de consideración menor, ou non tanto, xa que Elvira se sente moi preocupada polo seu aspecto físico, porque lle parece que envelleceu moito, e está disposta a facer un cambio radical, que máis que un cambio é un milagre, que vai causar un grande impacto entre todos os veciños da vila. Polo que respecta á situación de María, esta segue a ser incapaz de recoñecer os seus sentimentos fronte a Óscar.

Atopar capítulo por: