CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 282: Por poderes

18/03/2012 22:30 h

Despois de saltar a sorpresa, cando María perde o tren a Santalla e acepta a invitación de Óscar para quedar na súa casa, e cando de súpeto chama á porta Pili, a tensión entre as dúas mulleres increméntase, sobre todo a partir da conversa que, por erro, Pili escoita entre eles dous. O momento é de tanta confusión que Óscar se verá obrigado a tomar unha decisión tan difícil como abraiante. Doutro lado, o profesor tamén está atento ás idas e vidas da súa madrasta, Lupe, que non volveu durmir á casa despois da súa visita a Santalla. Pero cando finalmente aparece, Lupe regresa con novos plans para investir na granxa e precisa, unha vez máis, a axuda económica de Óscar, que queda outra vez comprometido.

Na granxa, os traballos seguen de marabilla, cunha partida de porcos que xa saen con destino ao matadoiro, tanto é así, que os granxeiros xa están pensando en facer reformas e máis investimentos no negocio...pero unhas malas novas faraos recapacitar. Polo demais, na casa dos Cabanas andan revolucionados por mor da chegada dunha carta de Elías, o taxista, porque, como de costume, Carmiña fai unha interpretación moi libre e fantasiosa do seu contido, o que provoca unha reacción en cadea de emocións, desgustos e  novas decepcións para a soñadora Carmiña.

Atopar capítulo por: