Libro de familia
Capítulo 281: Debaixo da perruca
Despois de vivirse en Santalla un dos momentos máis difíciles da relación veciñal por mor das verteduras da granxa ao río, Manuel Cabanas vai onde Tomás para contarlle o que lle escoitou falar por teléfono a Daniel, o xerente, uns comentarios que levantan as sospeitas de ambos os dous e deciden seguir as súas accións máis de preto.
Doutro lado, a mestra de Vilariz, María, intenta loitar contra os sentimentos que lle esperta Óscar, o seu compañeiro de traballo, para que a convivencia sexa o máis normal posible, moito máis difícil desde que a nova profesora, Pili, se mete por medio da relación.
Noutras escenas, Lupe, a madrasta de Óscar, está de visita en Santalla, onde Freire a levará a coñecer a granxa e ao xerente, Daniel. Pero unha vez que quedan a soas, Lupe e Daniel non parecen precisamente descoñecidos...