Libro de familia
Capítulo 279: Animaliño
María está anoxadísima con Álvaro porque borrou a mensaxe de Dona Laura do contestador, onde lles contaba como foi a operación de Marcos. Carmiña segue á gresca con Sara por culpa do porquiño. Tras pasar a noite ao raso para intentar abrandar a Sara, optarán por outro plan. Fanlle creer a Sara que o porco morreu, pero o teñen agochado. Pero todo enléase cando
Carmiña chega a casa de Pepe a facela cea e atopa ó porquiño alí.
A vila segue indignada pola vertida de residuos da granxa ao río, e seguen coa idea de presentar as denuncias. Manuel e Tomás intentan negociar con eles, pero a cousa non resultará doada. Empezan as rifas con Daniel por culpa dos incidentes ocorridos.
Tralas boas noticias dende Suíza, María decide voltar a vivir a Santalla e ir e vir de Vilariz todos os días. Os pais de María non están moi tranquilos coa nova da chegada de María para casa, pensan que hai algún problema con Marcos. María desafógase coa súa nai.
Álvaro vai a casa de Freire e cóntalle que os cartos que lle estafou Ramón, agora están nas mans de Lupe e Óscar. Freire quere verificar a información e chama o banco. Deste xeito enterarase Óscar de que ao final Álvaro cumpríu as súas ameazas. Óscar vai onde Álvaro a pedirlle explicacións e a preguntarlle por María.