CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 278: Porcalladas

19/02/2012 22:30 h

María e Álvaro seguen presos dos nervios esperando a chamada de Suíza con noticias sobre a operación de Marcos. Álvaro está desesperado cos remordementos de conciencia polo accidente de Marcos e dáse a bebida. María tamén pasa o día nerviosa esperando a chamada de Suíza. O tempo faise eterno. Esta situación non fai máis que agravar a súa crise con Óscar.

Lupe e Óscar finiquitan á debeda para non perder a casa, pero seguen a voltas con que facer co resto dos cartos. Outro problema que han de solucionar é a chantaxe de Álvaro, o estado no que se atopa o criado axudaraos.

Na granxa todo son celebracións pola primeira camada de porquiños, pero pronto cambian as tornas, aparecen problemas de salubridade na granxa. Empezan as denuncias dos veciños e a granxa corre o risco de ser pechada.

Carmiña "adopta" un dos porquiños da camada que foi apartado pola porca e empeza coas súas tolerías, toma moi en serio a crianza do porquiño.

Despois dos desencontros con Manuel, Deli intenta normalizar a súa relación con Sara indo a visitala con Armandiño.

Atopar capítulo por: