CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 276: O defecto

05/02/2012 22:30 h

A resaca polo acontecido na casa dos Balseiro segue latente, así que Tomás, que estivo presente durante toda a escena, intentará calmar os ánimos falando en privado con Manuel Cabanas, namentres que Lupe fará o mesmo con Deli cando se decata de que algo non vai ben no matrimonio dela e de que aínda segue a sentir algo por Manuel. Polo que respecta aos novos negocios de Santalla, seguen adiante con éxito, aínda que os asociados comezan a sentir as primeiras suspicacias con Daniel, o encargado gandeiro. Amais, Pepe, o curmán que está a substituír a Elías, segue sendo motivo de disputa entre Carmiña e Elvira, no seu afán por descubrir cal é o seu “defecto” inconfesable.

En Vilariz, tamén se respira unha situación tensa, xa que a relación de Óscar e María, compañeiros de traballo na escola, segue subindo de tensión. En casa dos Balseiro, Lupe e Óscar están desesperados por unha carta co aviso de embargo que pesa sobre a vivenda, xunto outra carta misteriosa que lle deixa en herdanza o pai a Óscar.

Atopar capítulo por: