CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 275: Que santo Antón as defenda

29/01/2012 22:30 h

Por fin, felizmente, o novo negocio de Santalla está en marcha e con el queda asegurado o futuro da vila: o camión das porcas chegou á nave e os papeis necesarios están xa nas mans de Daniel, o axente agrario acabado de chegar á vila, en quen Freire aínda non confía moito; todos os labregos están pendentes dos detalles, tanto, que xa hai algúns que intentan tirar partido do negocio, aínda que sexa facendo sacramentos coas porcas e lucrándose con iso.

Freire proporá facer unha merenda na súa casa para limar suspicacias e para celebrar o novo negocio en que participan todos; pero a chegada de Manuel Cabanas con Sara evidencia unha enorme tensión entre as dúas irmás, ela e Deli.

En Vilariz a situación non está mellor para María, que se sente vixiada por Álvaro no piso, seguindo ao pé da letra as instrucións de Marcos de coidar dela. Tras descubrir as súas artimañas para controlar as saídas de María e conseguir que non se vexa con Óscar, eles dous deciden encontrarse para falar.

 

 

 

Atopar capítulo por: