Libro de familia
Capítulo 274: As coidadoras
Daniel explícalle a Tomás a súa idea de desenvolvemento para a vila que non é outra que montar unha granxa de crías de porco. Ao principio a Tomás parécelle unha idea absurda, pero logo cae na conta de que pode ser unha maneira de amigar de novo ao seu pai con Manuel, que segue a falar con Freire. Manuel, de principio, négase a asociarse con Freire e moito menos se pon todos os cartos Tomás, pero a última hora aparece un novo socio que o fai cambiar de idea.
Mentres as mulleres, Sara e Deli, deciden poñerse a traballar para axudar as súas familias. Ambas as dúas acoden por separado ao bar para ofrecerse de cociñeiras. Na disputa polo posto de traballo saen as rencillas que seguen tendo entre elas. Ao final queda Sara co traballo, porque cando Freire descobre as intencións da súa dona enfádase moitísimo.
As disputas pola atención de Pepe tamén seguen entre Elvira e Carmiña. Agora que Pepe se puxo enfermo, as dúas pelexan por ser a súa “enfermeira”.
En Vilariz, Álvaro segue coa súa particular cruzada de afastar a Óscar de María. Óscar convence a Lupe para que vaia ao cárcere a visitar o seu pai e acadar datos para encontrar os cartos e evitar que lles embarguen a casa. Pili chega de novo á escola, o que acabará enrarecendo máis a relación entre María e Óscar.