CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 273: Nin un pelo de parvo

15/01/2012 22:30 h

Pepe chega a vila porque o seu curmán Elías marchou a Suiza. Queda moi sorprendido da forma na que vivía o seu curmán.

Os veciños de Santalla están arruinados pola estafa de Ramón Balseiro. Todo o pobo fala da súa encarceración e laméntase pola situación na que deixou o pobo. Os Cabanas case perden a súa casa porque Cosme foi enganado. Os Freire estafáronlle todos os cartos. Tamén a Lupe e a Óscar os deixou arruinados e con moitas débedas.

Chega un novo home á vila, un axente agrario, di traer grandes ideas para o desenvolvemento da vila.

Carmiña e Elvira están fascinadas con Pepe e a súa caballerosidade. Cosme e Don Venancio na procura do seu "lado oscuro"” acaban descubrindoo "segredo" de Pepe.

Tomás está facendo as maletas para voltar a Madrid, pero Daniel, o novo axente agrario, intenta convencelo de que quede e forme parte do seu proxecto. En Vilariz, Álvaro queda ao coidado de María trala viaxe de dona Laura e Marcos a Suiza a que este se opere tralo accidente. María tenlle medo a Álvaro e vai na busca de Óscar co que segue tendo unha grande "amizade"

Atopar capítulo por: