Libro de familia
Capítulo 271: Gato escaldado
01/01/2012 22:30 h
O negocio inmobiliario do novo alcalde semella ir como unha seda, polo que os operarios vense na necesidade de comezar a desmontar o invernadoiro ante a incredulidade e o profundo enfado de Manuel. Doutra banda, Freire empezará a desconfiar das intencións de Ramón Balseiro.
Sara instalouse xa en Vilariz para axudar a María e, ademais, pór terra polo medio con Manuel tras o episodio sucedido coa súa irmá Deli. Con todo, o que ao principio parece unha boa idea, fará a Sara sentirse incómoda e fóra de lugar na casa da propia filla.
Carmiña, que segue empeñada en que o seu noivo Elías lle faga caso, preparará unha encerrona ao taxista pondo a proba canto a bota de menos e o amor que se teñen.