Libro de familia
Capítulo 270: Pais e nais
O reloxo biolóxico de Carmiña semella terse espertado, aínda que Elías négase rotundamente a casar. Para tranquilizar o enfado da súa noiva, o taxista faralle crer que unha veciña de Santalla deixoulles coidar do seu bebé recentemente nado. En torno ao pequeno desataranse divertidos acontecementos que farán que ata o propio don Venancio lamente que a súa vocación lle impida
ser pai.
En Vilariz as cousas continúan tensas entre Marcos, María e dona Laura, que parece aproveitar calquera fallo da súa nora para reprocharllo. María, esgotada ante a situación, invitará á súa nai a pasar uns días na casa. Mentres tanto, Ramón Balseiro ten cada vez todo máis atado para comezar co seu proxecto de edificar en Santalla con Freire como socio. Con todo ignora que a
súa propia esposa, Lupe, será a súa peor inimiga.