CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 269: Máns a obra

18/12/2011 22:00 h

Santalla atópase dividido entre aqueles que queren continuar co negocio do invernadoiro e os que ven nos novos plans inmobiliarios unha posibilidade de futuro para o pobo.

Balseiro deíxalle caer a Elías que talvez tería cabida nos seus novos plans un traballo como albanel, polo que o taxista -axudado por Carmiña- porá todo o seu empeño en demostrar ao alcalde que non se equivocará se o contrata. As cousas entre Manuel e Sara continúan indo de mal a peor. Deli, consciente do que sucedeu, expón a Freire que se vaian a vivir a Vilariz intentando deste xeito acougar os ánimos e empezar de cero.

Doutra banda, Laura trasladouse xa a vivir con María e Marcos. A moza directora non se atopa cómoda tendo á súa sogra en casa. Mentres tanto, Laura, que en principio se mostra encantada co seu novo fogar levará unha nada agradable sorpresa ao decatarse de que Lupe non só é a esposa de Ramón Balseiro, senón a súa nova veciña.

 

Atopar capítulo por: