Libro de familia
Capítulo 260: Unha esmola
A vila de Santalla pide unha esmola para a arruinada beata Elvira. Unha vez que Marcos está fóra de perigo, María considera a posibilidade de regresar a Vilariz e incorporarse ao seu traballo. As dúbidas asaltan á moza, que non quere abandonar ao seu noivo, con todo é Marcos quen a obriga a marchar, pois non está disposto a que María se sacrifique por el.
Deli e Freire descobren con estupor que a esposa de Ramón Balseiro é Lupe, a muller que tanto mal lle fixo no pasado á familia e ao pequeno Armandiño. Ante tal situación, Freire decide regresar ao invernadoiro, pero esta idea non convence a Manuel nin a Tomás, que tan mal o pasaron co tema do xuízo.
Aínda que Milucho ten unha estupenda idea para que o negocio de Elvira siga adiante, a beata atópase arruinada. Os Cabanas e o resto de Santalla intentarán axudala a pasar este transo. Marcos e Laura deciden non seguir adiante co xuízo e investir no bar, contratando a Milucho e Elvira.