Libro de familia
Capítulo 259: Hoxe por ti, mañá por min
15/05/2011 22:00 h
A volta a casa de Marcos revoluciona aos Lamela. Tanto Laura como María están desfeitas ante a nova situación do mozo, pero intentarán por todos os medios animalo para salga adiante. Álvaro transformouse agora en compañeiro inseparable de Marcos.
Laura, que se converteu na única herdeira de Pedro e ten a clave do xuízo nas súas mans, está cada vez máis preto de Tomás. María atópase nunha grave encrucillada entre o que sente por Óscar, e o agarimo e o deber que lle unen a Marcos neste delicado momento.
Mentres tanto, Santalla recibe a visita dun perito que fará un inventario dos bens de Elvira. Elías e don Venancio tentarán axudar á beata con todo tipo de artimañas e distraccións que porán ao perito en máis dun divertido compromiso.